Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba para a avaliación da aprendizaxe tanto na primeira como na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada, combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico ás que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Considérase fundamental para a avaliación, computa un máximo de 7 puntos sobre 10, e esíxese obter nela un mínimo de 2.5 puntos para que sexan computadas as cualificacións obtidas polas actividades desenvolvidas nos obradoiros. O alumno que non alcance este mínimo será cualificado só coa nota da proba obxectiva. O alumno que o alcance ou o supere será cualificado coa suma das puntuacións obtidas na proba obxectiva e nas actividades desenvolvidas nos obradoiros. 70
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.

Corresponde ao alumnado que
só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20 por cento da cualificación total, con independencia da puntuación obtida.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS OBXETIVAS.

Segundo o Artigo 10. Identificación dos estudantes das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:

"O profesor ou profesores encargados da realización dunha proba ou actividade de avaliación deberán ter constancia da identidade do alumnado que se presente a esta. Para ese fin, poderá requirir en calquera momento da realización das probas de avaliación a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a exhibición da tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade ou documento identificativo equivalente."

Ademais, segundo o Artigo 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias:

"1. Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2. Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3. A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes