Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba mixta para a avaliación da aprendizaxe, que combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación, é a base da avaliación continua que se desenvolverá ao longo do curso. 100
 
Observacións avaliación
A) Oportunidade de xaneiro. Nas actas da oportunidade de xaneiro figurará a cualificación obtida polo alumno ao longo do curso. Para superar a asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10). 
B) Oportunidade de xullo: Na oportunidade de xullo o alumno poderá obter todos os puntos da evaluación continua. Para superar a asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10).
C) Oportunidade adiantada: haberá unha soa proba a que se lle asignará o 100% do peso da cualificación. Para superar a asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10).

D)O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas. 

E) Ninguha proba poderá sustituirse por exercicios ou otras tarefas

F) A cualificación de non presentado corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con unha ponderación inferior ao 20% do total. 

G)Como é preceptivo, as probas réxense pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf).Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10
(Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes