Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Dirección Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os criterios de coordinación acordados para a área,

- As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó 50%

- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia,de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas atal efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final.

De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da cualificación acadada.

Durante as aulas, salvo autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista; durante os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames, e neste último caso terán ainterpretación de fraude.

A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente damateria, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes