Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Dirección Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 Probas escritas periódicas destinadas a controla-lo progreso do alumno ó longo do curso. Poden incluir cuestións test, numéricas, de desenvolvemento teórico, e/ou de razonamento e interpretación. 50
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os
ecriterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse calculando a
    media dos resultados da avaliación continua e da proba final, coas
    ponderacións indicadas nesta guía.
  • Oportunidade adiantada:
    avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de
    tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía
    do curso inmediatamente anterior
  • Os alumnos con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa
    académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media
    dos resultados das alomenos tres probas de avaliación continua e a proba final,
    coas ponderacións sinaladas nesta guía.

A avaliación
continua basearase nos resultados das alomenos tres probas mixtas. A primeira
delas pondera un 20% na cualificación do curso, e as outras dúas un 15%
cada unha.

Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas
sinaladas a tal efecto polo equipo docente da materia., ou cando
proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso
prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como
cero a efecto de calcula-la avaliación global.

De conformidade coa
normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado"
exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun
20% na avaliación global do curso, con independencia da cualificación
acadada.

De se considerar necesario, poderá publicarse un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á
realización das probas. En calquera caso, non se permitirá o emprego de
material de apoio en ningunha proba, tanto de avaliación continua como
final e/ou conxunto.

Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores,
smartwatches, e
calquera outro aparello electrónico  agás as calculadoras permanecerán
en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas
ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos
exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude. A gravación das
aulas e/ou as titiorías non está permitida, e pode ser constitutiva de
infracción prevista no Código Penal.

A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes