Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Sistema Financeiro Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A7 A9 A10 A11 A12 A15 A16 A18 A19 A23 A24 C1 C4 C5 C6 Trátase de analizar as aplicacións dos distintos mercados financeiros ao mundo das finanzas persoais e empresariais. 15
Discusión dirixida A3 A7 A9 A10 A11 A12 A15 A16 A18 A19 A23 A24 C1 C4 C5 C6 Comentaranse e se discutirán artigos e noticias sobre a materia da asignatura, distribuidos entre os distintos alumnos con antelación mínima dunha semana. 15
Traballos tutelados A3 A7 A9 A10 A11 A12 A15 A16 A18 A19 A23 A24 C1 C4 C5 C6 Requírese a realización dun traballo en equipos de 2 estudiantes,consistente na preparación e entrega dun informe. No devandito informe haberá que explicar e analizar asuntos relacionados cos epígrafes do programa e as súas aplicacións prácticas.
Analizaranse, igualmente, estratexias competitivas e enfoques de xestión, etc.
Valorarase a claridade, a capacidade de análise e síntesis, a expresión e a calidade das fontes de información.
20
Proba obxectiva A3 A7 A11 A12 A15 A16 A18 A19 Estruturarase do seguinte modo: catro preguntas sobre aspectos conceptuais do programa e unha de valoración dun tema relacionado cos tratados nas discusións dirixidas. 50
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado. Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade, serán os mismos que na primeira oportunidade.

Condicións
de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de
exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou o almacenamento de información.

Co obxecto de garantir a
posibilidade de superar a materia na oportunidade adiantada a
ponderación da proba obxectiva, exclusivamente para esta oportunidade,
será do 70%, valorándose as tarefas de avaliación continua interactivas
no 30% da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes