Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Auditoría
   Fontes de información
Bibliografía básica J.Antonio Arcenegui - Isabel Gómez -Horacio Molina (2002). MANUAL DE AUDITORÍA FINANCIERA . Desclée de Brouwer
(2011). Real Decreto Legislativo 1/2011, de 1 de julio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Auditoría de Cuentas.. http://www.boe.es/boe/dias/2011/07/02/pdfs/BOE-A-2011-11345.pdf
(2011). Real Decreto 1517/2011, de 31 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento que desarrolla el texto refundido de la Ley de Auditoría de Cuentas, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2011, de. http://boe.es/boe/dias/2011/11/04/pdfs/BOE-A-2011-17395.pdf
ICAC/IFAC (2013). Normas Internacionales de Auditoría. http://www.icac.meh.es/Temp/20130627190704.PDF

O manual presenta unha visión profunda e clara da actividade de auditoría de contas anuais. A tal fin, o libro divídese en dúas partes. A Parte I, "O proceso de auditoría", describe en detalle as fases de traballo (planificación, execución e emisión do informe); efectúa unha exposición exhaustiva dos conceptos clave (importancia relativa, risco de auditoría e evidencia); e presenta unha análise detallada do informe de auditoría.

A Parte II, "Os ciclos de operacións e as áreas de traballo", presenta dun xeito práctico e aplicada ao traballo concreto de cada epígrafe das contas anuais, como interveñen os conceptos subliñados na parte primeira. Deste xeito, a estrutura dos capítulos recolle unha análise de obxectivos, riscos e procedementos para afrontar estes.

O aspecto normativo cóbrese co real decreto lexislativo e o seu desenvolvemento regulamentario, que ofrecen un texto sistemático e unificado comprensivo da normativa aplicable á actividade de auditoría de contas na actualidade.

Por último, a adaptación do compendio que forman as normas internacionais de auditoría integran a normativa reguladora da actividade de auditoría de contas, de conformidade co disposto no artigo 6 do texto refundido da Lei de Auditoría de Contas mencionado anteriormente.

Bibliografía complementaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes