Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar o alumno na súa preparación.

2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos nos que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e a súa extensión, de modo que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.

3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumno á bibliografía, si ben nas clases presenciais orientarase ao alumno acerca de:
a) que fontes concretas se recomenda utilizar
b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.

4. Discusión, conxunta para todos os grupos de traballo, do desenvolvemento encomendado a cada un dos grupos. O alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Solución de problemas 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos co alumno, formando parte dun grupo de traballo, que ten que realizar ao longo do curso.

2. Formularanse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horas presenciais ou de traballo autónomo. Nas horas presenciais posteriores farase:

a) unha revisión dos exercicios nos que o alumno pode intervir nos termos descritos no punto 3 e b) das lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas.

3. O alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir a quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Seminario Discusión en grupos reducidos dos contidos da materia, en particular, dos traballos a que se fai referencia na Solución de problemas.

O alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Proba mixta 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes