Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Fundamentos de Mercadotecnia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de Mercadotecnia Código 650G01037
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rodríguez Vázquez, Clide
Correo electrónico
c.rodriguezv@udc.es
Profesorado
Rodríguez Vázquez, Clide
Correo electrónico
c.rodriguezv@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo do curso é introducir os alumnos para que comprendan a importancia do papel do marketing e da investigación de mercados na economía e nos negocios. En concreto, os obxectivos do curso son: 1) Comprender os conceptos básicos da mercadotecnia e entender o proceso de toma de decisións que as empresas ou organizacións desenvolven na área de marketing. 2) Aplicar os fundamentos do marketing a casos reais de empresas e organizacións sen ánimo de lucro. 3) Aprender a analizar o micro-ambiente (competidores, provedores, clientes) e o macro-ambiente (económico, político-legal, tecnolóxico, ambiental) para realizar unha avaliación das oportunidades, ameazas, fortalezas e debilidades. 4) Saber como deseñar e aplicar a planificación estratéxica de marketing. 5) Comprender a importancia das variables do marketing-mix (produto, prezo, distribución e comunicación) na xestión da empresa. 6) Saber aplicar as políticas de produto, prezo, distribución e comunicación a casos, situacións e contextos reais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral expositiva e interactiva – Seminarios – Traballos Tutelados – Proba de resposta múltiple Metodoloxías docentes que se modifican – No caso dun escenario de semipresencialidade, a docencia expositiva pasará a ser telemática e a docencia interactiva e a presentación dos traballos tutelados manterase de xeito presencial. – No caso dun escenario de virtualidade (sen presencialidade debido á situación) paso á docencia telemática expositiva e interactiva a través da plataforma Teams e/ou Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal a través del grupo (https://teams.microsoft.com/_#/school/conversations/General?threadId=19:b8e01a7c998e4f9081a990494b62b24a@thread.tacv2&ctx=channel) para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. Ademais, o grupo de equipos pode acoller as presentación dos traballos e poden ser vistos por Stream 4. Modificacións na avaliación Indica como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións, sinalando a metodoloxía (% no peso da cualificación) e a súa descrición. – Proba de resposta múltiple: no caso de que non se puidera realizar a avaliación dos coñecementos a través desta metodoloxía farase a través da metodoloxía de “Traballos Tutelados” que pasaría a ter un peso do 100%. - ¬ Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: - Ø A Aplicación dos fundamentos teóricos. Ø A Orixinalidade dos traballos. Se empleará el programa Turnitin de detección de plagio, no pudiendo superar el documento un 25% de coincidencia. Ø A Calidade da presentación. Ø A Precisión, claridade da exposición e calidade das respostas. Ø As Fontes primarias e secundarias empregadas dentro da Revisión bibliográfica. Observacións de avaliación: (Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.) Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Segunda Oportunidade: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primerira oportunidade. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando so participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba do obxectivo final, para as outras probas acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación ao comezo do curso. En condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía (Indica o material bibliográfico ou as ligazóns web que mudan con respecto á guía inicial) ? Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes