Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A24 A22 A21 A19 A17 A11 A9 A5 A3 A1 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B4 B3 B2 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames 30
Presentación oral C1 C2 Valorarase a adecuación do tema exposto á materia, o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunición oral. 30
Obradoiro A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. 40
 
Observacións avaliación

Cada taller terá unha avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo de actividades pondera o 40% na cualificación final.

Para obter cualificación de "non presentado", os estudantes non poderán realizar actividades que ponderen o 20% ó máis na avaliación do curso, independentemente da cualificación obtida nelas.

Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as cualificacións da avaliación continua (talleres, presentación oral) realizadas durante o curso.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: Deberán comunicarse co profesor nas 2 primeiras semanas de curso, podendo elixir entre: a) o sistema de avaliación do resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo, realizando os talleres fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b) unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación; sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo que, neste caso, habería que ter 5 ó máis sobre 10 para superar a materia. Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación. 

Condicións de realización dá avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes