Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Finanzas Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A15 A24 B1 B2 B7 B10 B13 C1 O exame final consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno.


A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos

70
Estudo de casos A15 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C5 C6 Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado polo alumno baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 10
Solución de problemas A24 B2 B3 B4 B6 B7 B10 B13 C1 C2 C3 Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 30 % da cualificación final (3 ptos.).

Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos (computada a suma da avaliación continua e o exame final). 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non se presenten ao exame final (proba mixta) e que ademais non participasen na avaliación continua realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 80 %.

A avaliación da convocaoaria de xullo realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas.



Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes actividades avaliables acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes