Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía e Xestión da Empresa Familiar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A24 B4 B11 B12 B13 C1 C3 C6 Valoraránse as respostas propostas e a análise desenvolvido polos alumnos para a resolución dos casos plantexados. 40
Proba obxectiva A24 B3 B11 Realizarase unha proba escrita. Para superar a materia o alumno deberá alcanzar nesta proba escrita unha cualificación mínima de 2,5 sobre 5. 50
Discusión dirixida A11 A22 B1 B2 B3 B5 C2 Valoraranse as respostas e solucions ofrecidas polos alumnos as cuestions prácticas plantexadas na clase. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumno deberá obter un mínimo de 5 puntos sobre 10. O desglose dese total de dez é o seguinte: o 50% corresponden á proba obxectiva, na que terá que obter un mínimo de 2,5 puntos. O 40% corresponden ó estudo de casos (4 puntos) e o 10% á discusión dirixida (1 punto).
Calficación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe de actividades de evaluación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final con independencia da calificación alcanzada.
Na segunda oportunidade a avaliación realizarase da mesma forma que na oportunidade anterior.  
A avaliación na convocatoria adiantada realizarase en base a unha proba obxetiva que suporá o 100% da calificación. Para superar a proba será necesario obter un mínimo de 5 puntos. 

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais Terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes