Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Comercio Exterior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
40
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.

60
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.

Na convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade seguirase o mesmo criterio do 60% para as probas de resposta múltiple e 40% para o estudo de casos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de asistencia, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ao comenzo do curso, un calendario especifico de datas, compatible coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes