Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Socioloxía do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión sobre o tema. 10
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O traballo está suxeito a exposición oral. Ao comezo de curso facilitaranse as pautas a seguir e tipo de turismo a seleccionar (consensuado entre o grupo). Aquel/a alumno/a que non participe no traballo grupal, terá que facelo de forma individual.

Aspectos avaliables: participación activa, capacidade de síntesis, traballo colaborativo, procura documental, capacidade expositiva e capacidade de reflexión crítica.
20
Proba mixta A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 O/A alumno/a deberá obter no exame unha cualificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalguna das partes. En caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. 60
Estudo de casos A1 A3 A5 A7 A19 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, procura de información documental e reflexión sobre o tema. 10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 40%, a parte teórica (exame) ten un valor dun 60%.

Traballos tutelados, estudo de casos e lecturas son traballos obrigatorios para a avaliación continua (40%) e o/a alumno/a ten que obter un mínimo de 5 (sobre 10), entre as tres metodoloxías, para facer media co exame (60%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame.

Nos casos en que o/a alumno/a non supera unha das partes da materia, xa sexa en 1ª ou 2ª oportunidade, a cualificación final máxima será dun 4.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con
suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma
individual e as datas de entrega.

Dispensa académica: o alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, terá que facer os traballos obrigatorios non presenciais e facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que o/a alumno/a se poña en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes