Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 Exame final escrito que consistirá en calquera combinación das seguintes tarefas:
exercicios de vocabulario, comprensión lectora, gramática, redacción, traducción e resumo.
50
Proba oral A13 A15 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Avaliaráns exposicións/presentacións dentro y fora da aula relacionadas cos contidos da materia. 30
Obradoiro A13 A15 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 Avaliaránse tarefas / probas realizadas dentro e fora da aula
20
 
Observacións avaliación

Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

    Os/As estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba mixta, obradoiro, e proba/as oral/es) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.


DISPENSA ACADÉMICA

O/A alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado/a seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/A alumno/a terá que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a dispensa.

2ª OPORTUNIDADE

    O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do taller, este consistirá dunha tarefa adicional que se incluirá na proba mixta objetiva/subxetiva (exame escrito).

    Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/As alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%).

Calificación de NON PRESENTADO/A

Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Perspectivade Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativasde aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes