Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 Nesta proba avaliarase todo o temario.
Pode facerse en contacto directo co patrimonio ou a través de fotografías.
40
Presentación oral A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8

Esta presentación ou proba oral avaliará a parte correspondente á cidade da Coruña
O alumnado de Simultaneidade de Grao o fará in situ en coordinación coa materia de inglés. O alumnado de Grao o fará in situ ou na aula, según indicacións da profesora.
30
Traballos tutelados A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C8 Traballo con parte grupal e individual a partir das pautas ofrecidas pola profesora ao inicio da materia.

A parte individual punturará 1.5 e o conxunto do traballo (parte grupal) o 1.5 restante.
Na parte individual computaranse os exercicios ou cuestionarios (fichas) que se podan facer na clase maxistral, que, polo xeral, terán relación cos contidos do traballo. Tamén poden incluirse nesta porcentaxe as recensións ou exerccios derivados das saídas de campo.

30
 
Observacións avaliación
A asistencia a clase é obrigatoria. 
Pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia e repercutirán na parte individual do traballo tutelado. 
As saídas de campo, conferencias ou outras actividades son unha obriga e poderán requirir a presentación dunha recensión, que servirá como demostración da asistencia. 
As personas que, por unha causa xustificada, non podan asistir o día indicado para a presentación oral terán que acordar coa profesora outra data.


Todas as partes teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder facer o cómputo final. 
 
O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa cualificación obtida na parte suspensa, ata que se poida facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. Pódese dar a situación de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%. 

As instrucións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade, así como na convocatoria adiantada.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. 
Está prohibido acceder á aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información. 

 Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
 Seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberá realizar dous traballos individuais propostos pola profesora en lugar de un. Ademais, deberá poñerse en contacto con ela para realizar alomenos dúas titorías on line ao longo do cuadrimestre.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. 


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: 
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes