Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Contabilidade Financiera
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B6 Exame final 70
Traballos tutelados B5 B7 C1 C2 C3 C5 C6 Con esta metodoloxía deseñada para promover o aprendizaxe autónomo dos/as estudantes, preténdese que os/as estudantes asuman responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. Incluirase a valoración da participación activa e aprovechamiento nas clases 20
Aprendizaxe colaborativa C4 C7 C8 Ao longo do cuatrimestre realizaranse varias probas que permitan repasar conceptos aprendidos. Estes traballos serán levados a cabo polo/a alumno/a 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso.

Na segunda oportunidade, o examen será o 100% da nota final. Do mesmo xeito sucederá para os alumnos/as que soliciten convocatoria anticipada.

Considerarase coma non presentado só a aquelas persoas que non acudan ao exame final da asignatura.

Implicaciones da fraude
académica na realización das probas ou actividades de avaliación
: a realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual,
auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a
cada cuatrimestre académico, cos servizos dispoñibles na UDC, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade
de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes