Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A23 B1 B2 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase, a proba final, en canto a procedemento e resultados. Non se poderá aprobar a materia cunha nota inferior a 4 (sobre 10) 60
Traballos tutelados A5 B7 C3 Avaliarase o traballo do alumnado en canto a corrección de datos, formato adecuado, claridade e presentación. A nota pode ser diferente para cada integrante do grupo. 10
Solución de problemas B3 B4 B7 Avaliarase a entrega dos exercicios propostos ao longo do cuadrimestre 10
Proba de resposta múltiple A1 B5 B6 Avaliarase (sobre 10) sumando 1 punto por cada resposta correcta e restando medio punto por cada resposta incorrecta 10
Aprendizaxe colaborativa A5 B1 B2 B3 B4 B6 Avaliarase a exposición, en canto a contido e claridade, da resolución dos exercicios entregados. 10
 
Observacións avaliación
  • 1ª Oportunidade: A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia: Non se avaliará a metodoloxía aprendizaxe colaborativo. O traballo tutelado puntuará o dobre.
  • 2ª oportunidade ou adiantada: Non se avaliarán as metodoloxías solución de problemas e aprendizaxe colaborativa. A proba de resposta múltiple e os traballos tutelados puntuarán o dobre. O alumnado terá que repetir as metodoloxías non superadas na primeira oportunidade. A nota da materia será a suma ponderada das obtidas en cada metodoloxía de avaliación se se obtén un mínimo de 4 (sobre 10) na proba final. En caso contrario a nota será a mínima entre dicha suma e 4.
  • Cualificación de Non Presentado (NP): En todas as oportunidades o alumnado que non acuda ao exame final terá a cualificación de NON PRESENTADO
  • Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes