Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación turística e transporte I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Presentación oral daqueles traballos tutelados indicados polo profesor. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas e a calidade das respostas no turno de preguntas que podería seguir á presentación segundo o criterio do profesor.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada traballo tutelado (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado)

A entrega da parte escrita de traballos tutelados realizarase vía moodle.

A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais relacionadas cos traballos tutelados é obrigatoria para o alumnado.
30
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta escrita que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
60
Análise de fontes documentais A3 A5 A7 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dunha ou varias análises de fontes documentais en relación ó contido da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas.

Cando se programen análises de fontes documentais a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada análise de fontes documentais (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado)

A entrega da parte escrita de análise de fontes documentais realizarase vía moodle

A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais relacionadas coa análise de fontes documentais é obrigatoria para o alumnado.
10
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa:

A materia segue criterios de avaliación continua; polo que a participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa. 

Tal e como establece a “Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso 2023/2024”  no seu artigo 31 “Efectos da
matrícula”,
aplicable para a materia Intermediación Turística e Transporte I, a
matrícula comportará para o alumnado o dereito e o deber de asistencia ás
clases teóricas e ás prácticas; así como a realización dos traballos
complementarios adecuados e precisos para a avaliación da materia segundo a súa
guía docente.

Os criterios de avaliación son os mesmos
para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria
adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da
forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:


  • Traballos tutelados en análise de fontes documentais con presentación
    oral  daqueles indicados polo profesor

PRUEBA MIXTA (60%):


  • Exame escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos de la
    materia 

Para superar a materia é necesario obter
unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación. Parte práctica e proba mixta.

Os criterios de puntuación
dos  traballos incluidos na parte práctica con
presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a
coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos
enunciados destes.

A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma
Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa
data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non
presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha
presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado"
dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica , a non
presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte
práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno/a en primeira
oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un
máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar
novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba
mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente
tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como
suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas da parte práctica aprobados dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda
oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter una
puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte
práctica e proba mixta. 

Os únicos utensilios cos que está
permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame:
lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó
recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de
dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de
información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose
expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da
materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a
proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba
tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno/a deberá acreditar a súa
persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de
avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario"
(aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no
Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que,
estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación
que se establecen para o curso académico.

Deste xeito, será cualificado como “Non
presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período
oficial de avaliación.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (04 de maio de 2017).

Excepto para las fechas aprobadas en Junta de Facultad en lo que compete a la prueba objetiva, para las restantes pruebas se acordará, al inicio del cuatrimestre, un calendario específico de fechas compatibles con su dedicación, motivo por el cual dicho alumnado deberá ponerse en contacto con el profesor de la materia en los diez primeros días del cuatrimestre en el que se imparte la materia, con la finalidad de fijar dicho calendario.

Os criterios de avaliación serán idénticos
ós descritos para o alumnado con dedicación a tempo completo (Opción A),
exceptuando o criterio de participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais para o que o alumnado con alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica está exento.

______________________________________________________________________________________________________________

As datas, horarios e lugar de realización
das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2023-2024 e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade da Coruña con acceso
limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser
necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no
mesmo soporte telemático.





_____________________________________________________________________________________________________________


HONRADEZ
ACADÉMICA

Considerarase
que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou
tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento
académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a
realización de traballos.  

Os
traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0. 

Lembrase
ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.

ATENCIÓN
Á DIVERSIDADE

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar
cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados
de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu
defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo.

REGULAMENTO
DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

PERSPECTIVA
DE XÉNERO

Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes