Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Aloxamentos e Restauración I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A14 A20 A21 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 80
Traballos tutelados A13 A33 A34 B4 B6 B7 C1 C3 Terase en conta na súa valoración: a participación activa, a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso realizarase, se é posible, en grupos de non máis de cinco alumnos. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 20
 
Observacións avaliación

Avaliación en detalle:

Na Primeira Oportunidade da 1ª Convocatoria:

1) Traballos tutelados 20%

2) Proba Obxectiva 80%. Dita proba obxectiva, abarcará toda a
materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responder a cuestións
curtas e/o de resposta múltiple e/o preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun
sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da
avaliación dos Traballos tutelados e da Proba Obxectiva. No conxunto das dúas
partes (20% e 80%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos
sobre 10. Con todo, non se considerará superada a materia, se nos traballos
tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 0,8 sobre 2 puntos totais, e
na proba obxectiva un mínimo de 3,2 puntos sobre 8 puntos totais. Se non se
obtén a puntuación mínima nalgunha das dúas partes, a cualificación final da
materia non poderá ser superior a 4,5 puntos.

“Ao alumnado con dispensa académica de exención de
asistencia (segundo a normativa aplicable), poderánselle asignar actividades
alternativas, titorías específicas ou outras medidas que se consideren
oportunas, para non prexudicar a súa cualificación.”

Na Segunda oportunidade da 1ª Convocatoria, e oportunidades
de ulteriores convocatorias
:

Realizarase unha Proba Obxectiva, que consistirá na resolución de
exercicios breves, responder a cuestións curtas e/o de resposta múltiple e/o
preguntas de desenvolvemento, onde a parte práctica correspondente aos
Traballos tutelados terá un peso do 20% e o resto o 80%. Esta proba
representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación
mínima de 5 puntos sobre 10.

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de ter feito, presentado
e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co/a Titor/a ADI da Facultade de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes