Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  As TIC Aplicadas ao Turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución de cada un dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar a proba obxectiva.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer un traballo cuxos criterios e contidos estarán a disposición do alumnado no Campus virtual.
Aínda que este traballo deberá ser desenvolvido mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará na aula as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada en horario de titoría grupal.
Prácticas a través de TIC Sesións eminentemente interactivas, nas que o alumnado deberá resolver, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación, exercicios vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas propostas no temario.
Proba práctica Ao longo do cuadrimestre o alumnado terá que facer varias probas prácticas nas que se avaliará os temas correspondentes ao módulo de Ofimática ou BI, no seu caso.
Cada unha destas probas consistirá en resolver diferentes exercicios usando as aplicacións informáticas axeitadas a cada módulo avaliado.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva dos contidos teóricos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes