Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A13 A33 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/a alumno/a deberá obter no exame unha cualificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior de 4 nalgunha das partes. No caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. 50
Traballos tutelados A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao comezo de curso facilitaranse as pautas e tipo de recurso turístico sobre o que realizar o traballo. É de máxima importancia no traballo de grupo a participación activa e aproveitamento na aula nas horas de titoría. Aquel/a alumno/a que non participe no traballo de grupo terá que facelo de forma individual. Estes traballos forman parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: participación activa, capacidade de colaboración, uso da comunicación bidireccional, establecemento de obxectivos, procura documental, capacidade expositiva e elaboración do informe final coas fases metodolóxicas e conclusións.
40
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Estes traballos forman parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: capacidade de síntesis, capacidade de análise, concreción das fases metodolóxicas e reflexión crítica.
10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 50%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 50%. 

Os traballos tutelados e análise de fontes documentais son traballos obrigatorios para a parte da avaliación continua (50%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo dun 5 (sobre 10), entre ambas metodoloxías, para facer media co exame (50%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame. 

No caso de que non se supere unha das partes da materia, xa sexa na 1ª ou na 2ª oportunidade, a calificación final da mesma será dun máximo de 4.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Convocatoria adelantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación da 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá de poñerse en contacto co/a profesor/a con
suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma
individual e as datas de entrega.

Dispensa académica: o alumnado con recoñecemento de dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, terá que facer os traballos obrigatorios non presenciais e
facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que o/a alumno/a se poña en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes