Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Primeiro Idioma Moderno II: Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A6 A13 A15 A16 A17 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Tarefas escritas para a avaliación continúa. Isto inclúe traballos e probas realizados nas aulas e durante o tempo de estudo autónomo. 20
Proba mixta A1 A6 A13 A15 B4 B6 B7 C2 C3 C7 Proba escrita consistente en calquera combinación das seguintes tarefas: textos para a comprensión lectora; resumos, redaccións; exercicios de uso do inglés e da materia impartida nas aulas. 50
Discusión dirixida A1 A6 A13 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C7 Os/as alumnos/as participarán en varios debates en grupos. Avaliaranse as súas habilidades de comunicación e a súa capacidade para manter unha conversa, ademáís da súa capacidade de expresión según o nivel establecido para esta materia, debendo demostrar unha adecuada corrección gramatical, sintáctica, pronuncia/entonación e uso da correcta terminoloxía.

30
 
Observacións avaliación

Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) todas as seccións de avaliación (proba mixta, obradoiro, e discusión dirixida) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

DISPENSA ACADÉMICA
 O/a alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/a alumno/a terá que poñerse en contacto co profesor /coa profesora tan pronto como teña concedida a dispensa. 

2ª OPORTUNIDADE 
O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos/as deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron unha califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do taller, este consistirá nunha tarefa adicional que se incluirá na proba mixta objetiva/subxetiva (exame escrito). 

Isto será válido SO para as dúasoportunidades correspondentes ao presente ano académico. 

Oportunidade adiantada
Os/as alumnos/as da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%). 

Calificación de NON PRESENTADO/A 
Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia. 

Honradez académica/implicación de plaxio 
Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado 4. b)).

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificació nde suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión dafalta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederasea modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, fósesenecesario. 


Atención á diversidade 
A materia poderá ser adaptada aoestudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadacoa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cadacuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo, dentro do periodoestipulada para cada sesión. 

Perspectiva de xénero
 Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero,  proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes