Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Xestión Pública do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a participación do alumno nos relatorios


20
Traballos tutelados A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Periodicamente entregarase un traballo relacionado cos temas desenvolvidos nos seminarios.
Ó rematar a materia o alumno presentará un traballo resumen crítico dos temas tratados nos casos prácticos
20
Proba obxectiva A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A fin do curso farase unha proba obxectiva na que se recollerñán os conceptos teóricos explicados perante o curso


50
Saídas de campo A4 A5 A14 A18 A19 A25 A28 A32 A33 Avaliarase a participación doalumno nas sesions cos relatores invitados

10
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán
de 50% para a proba obxectiva e de 50% para a presentación oral e ás lecturas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC
segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non
presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o
exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da
cualificación e os traballo tutelas un 20%. Para que as porcentaxes entren en funcionamento en necesario ter obtido  un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha duas partes. Caso de non ser así no expediente aparecerá a calificacion da parte suspensa.

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en
funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das
partes. No caso de suspender unha delas a materia quedará suspensa e indicarase
como cualificación final a obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa
Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. No caso de producirse a entrega de
traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación
será de Non Presentado.

A avaliación será igual na primeira e na segunda
oportunidade

En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba
obxectiva suporá o 100% da cualificación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI
da Facultade de Turismo.

Implicacións da fraude académica na realización das probas
ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes