Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Interpretación do Patrimonio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe.
Consistirá nunha presentación persoal e unha valoración dos coñecementos previos relacionados coa materia
Aprendizaxe colaborativa Traballos e resolución de tarefas en grupo, que poden ir dende a análise dunha visita guiada ou dun equipamento, á realización de percorridos guiados.
Recensión bilbiográfica Lectura crítica dun libro e de artigos sobre a materia.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas in situ nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Son de suma importancia para a comprensión dos contidos que o alumnado deberá aplicar ao "saber facer".
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Nela impartiranse os contidos necesarios para poder aplicar á parte práctica.
Simulación Consiste na realizacion de visitas guiadas para escolares da cidade. Están directamente relacionadas coa metodoloxía de apendizaxe colaborativa e teñen un protagonismo fundamental na parte do "saber facer" desta materia.
Traballos tutelados Metodoloxía referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Consiste na realización de varios traballos de análise, planificación e deseño de contidos que poderán elaborarse individualmente ou en grupo, seguindo as indicacións da profesora. Constitúen unha parte importante da avalación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes