Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Creación e Xestión de Empresas Turísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 B1 B3 B4 C4 C6 Análise, desenvolvemento e discusión de distintos casos prácticos, ao longo de todo o cuadrimestre.
30
Traballos tutelados A11 A13 B4 B6 B7 C1 C2 C3 Desenvolvemento dun traballo que se realizará ao longo de todo o cuadrimestre con exposición final. Terase en conta na súa valoración: a participación activa, a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos, a ser posible. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 30
Proba obxectiva A12 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 40
 
Observacións avaliación

Avaliación en detalle:

Na Primeira Oportunidade da 1ª Convocatoria:

1) Estudo de casos (individuais ou de grupo) 30%

2) Traballo tutelado 30%

3) Proba obxectiva 40%. Dita proba obxectiva, abarcará toda a
materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responde a cuestións
curtas e/o de resposta múltiple e/o preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun
sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase do
Estudos de casos, do Traballo tutelado e da avaliación da Proba Obxectiva. No
conxunto das tres partes (30%, 30% e 40%), o alumnado deberá obter unha
puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Con todo, non se considerará superada a
materia, se no Estudo de casos non se obtén un mínimo de puntuación de 1,3
puntos sobre 3 puntos totais, no Traballo tutelado un mínimo de 1,2 puntos
sobre 3 puntos totais, e na Proba Obxectiva un mínimo de 1,5 sobre 4 puntos
totais. Se non se obtén a puntuación mínima nalgunha das partes, a
cualificación final da materia non poderá ser superior a 4,5 puntos.

“Ao alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
(segundo a normativa aplicable), poderánselle asignar actividades alternativas,
titorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas, para non
prexudicar a súa cualificación.”

Na Segunda oportunidade da 1ª Convocatoria, e oportunidades
de ulteriores convocatorias
:

Realizarase unha Proba Obxectiva, que consistirá na resolución de
exercicios breves, responder a cuestións curtas e/o de resposta múltiple e/o
preguntas de desenvolvemento, onde a parte práctica correspondente a Estudo de
casos e a Traballo Tutelado terá un peso do 60% e o resto do 40%. Esta proba
representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación
mínima de 5 puntos sobre 10.

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e
exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliacióna realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co/a Titor/a ADI da Facultade de Turismo.

Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes