Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Xestión de Recursos Humanos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Estes taballos forman parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: capacidad de síntesis, procura da información documental e reflexión sobre o tema.

20
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes. O/A alumno/a deberá obter no exame unha cualificación mínima de 5 (sobre 10), non podendo, en ningún caso, ter unha cualificación inferior a 4 nalgunha das partes. En caso de obter unha cualificación por baixo de 4 nalgunha das partes, esta será a cualificación final da proba mixta. 40
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao comenzo de curso daranse as pautas a seguir e tipo de empresa/caso práctico para traballar. Aquel/a alumno/a que non participe no traballo grupal terá que facelo de forma individual. Estes traballos forman parte da avaliación continua.

Aspectos avaliables: participación activa, cumprimento do regulamento de actuación do grupo, capacidade de colaboración, uso de comunicación bidireccional, establecimento de obxectivos, posta en escena, elaboración final do informe e reflexión crítica.
É de máxima importancia neste traballo de grupo a participación activa e o aproveitamento na aula nas clases interactivas.
40
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 60%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 40%. 

Os traballos tutelados e estudos de casos son obrigatorios para a avaliación continua (60%) e o/a alumno/a  terá que obter un mínimo de 5 (sobre 10), entre ambas metodoloxías, para facer media co exame (40%), no cal tamén deberá obter un mínimo de 5 (sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes.

2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso na 1ª oportunidade, o/a alumno/a deberá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar superar a materia na 2ª oportunidade. No caso do/s traballo/s de grupo, deberá facelo de forma individual.

A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co/a profesor/a antes de presentarse ao exame. 

No caso de que non se supere unha das partes da materia, sexa na 1ª ou na 2ª oportunidade, a calificación final da mesma será dun máximo dun 4.

O/A alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). 

Convocatoria adiantada: séguense os mesmos criterios que para a avaliación de 1ª ou 2ª oportunidade, polo que o/a alumno/a deberá poñerse en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación para establecer os traballos a realizar de forma individual e as datas de entrega.

Dispensa académica: o alumnado con recoñecemento de dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, deberá facer os traballos obrigatorios, e
facelos chegar ao/á profesor/a para a súa avaliación nas datas que se establezcan, polo que é importante que o/a alumno/a se poña en contacto co/a profesor/a con suficiente antelación.

Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización.

Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes