Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Inglés no Contorno Profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación de 10 minutos con apoio visual. 30
Seminario A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Participación e desempeño nas tarefas, alcanzando os niveis de calidade requiridos nun entorno laboral. (10%)

Valoración do coñecemento do vocabulario empresarial e da multiculturalidade . Isto pode ser escrito ou oral. (20%)
30
Simulación A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Conversa por teléfono: competencia oral e toma de notas (20%)

Reunión e negociacións. Os estudantes terán que preparar todas as fases do encontro: comunicación previa (axenda; preparación, celebración, actas, etc.) (20%).


40
 
Observacións avaliación

Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª OPORTUNIDADE

Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) cada unha das seccións de avaliación  para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

DISPENSA ACADÉMICA 
O/a alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O alumno terá que poñerse en contacto coa profesora tan pronto como teña concedida a dispensa. 

2ª OPORTUNIDADE 
O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos/as deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do seminario, este consistirá nunha proba escrita.

 Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.

Os/as alumnos/as da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (50%) e unha
presentación oral (50%).

Calificación de NON PRESENTADO/A
Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se
non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a
avaliación da materia.

 



Honradez académica/implicación de plaxio
Ao/á
alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente
recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado
4. b)).

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC
(Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación
de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederase
a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, fósese
necesario.   



Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no
Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de
Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión.

 



Perspectiva de xénero
Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón
de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes