Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Ao longo do curso realizaranse distintos exercicios de expresión e comprensión oral, mais unha proba nos últimos días do curso.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesorado.
Obradoiro Cada un dos temas tratados levará asignadas unha serie de tarefas e exercicios, a realizar na aula, destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas. Será de especial relevancia a participación activa de todo o alumnado nestas sesións e serán tidas en conta para a calificación final da materia.
Actividades iniciais Trátase da primeira toma de contato coa lingua alemá, na que se realizarán diferentes aclaraciones e actividades dirixidas a obter información relevante sobre o alumnado e o seu nivel de partida na língua alemá, co fin de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe eficaz e significativo.
Prácticas a través de TIC Explicacións e uso de fermentas informáticas e novas tecnoloxías como apoio ao aprendizaxe da lengua alemá.
Sesión maxistral O profesorado expondrá as principais cuestións teóricas relacionadas coa materia que serán abordadas e postas en práctica posteriormente no resto de metodoloxías da materia.
Proba mixta Na data fixada pola Xunta de Facultade realizarase a proba escrita que constarán de duas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora.

Dita proba avaliará os coñecementos e competencias adquiridas polo estudantado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes