Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 - Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
10
Traballos tutelados A13 A15 A16 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
15
Obradoiro A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral).

- O alumnado matriculado nesta materia participará nun entorno de aprendizaxe gamificado, isto poderá supoñer ata un 10% da calificación no obradoiro*. (Ver nota en observacións)
20
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
55
 
Observacións avaliación

Entorno de aprendizaxe gamificado

  • No caso de que non fora posibel a realización destas actividades, realizaranse outros traballos tutelados adicionais, quedando a porcentaxe do obradoiro nun 10% e a dos traballos tutelados nun 25%. A devandita circunstancia será comunicada nas primeiras semanas do cuadrimestre.

Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado en acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade e convocatoria adiantada
  • O alumnado deberá realizar a proba oral (10%) nunha data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado en 1ª oportunidade).
  • O 90% da cualificación corresponderase coa cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en Xunta de Facultade en cada curso académico.

Cualificación de Non Presentado
  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente xustificado.
  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuídos as porcentaxes do seguinte modo: Proba oral (10%), Traballos Tutelados (35%), Proba Mixta (55%).

Prácticas ilícitas e fraude académica
  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de tradutores  automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia. 
  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanación correspondente recollida no Regulamento disciplinar do estudiantado da UDC (art. 11, apartado 4. b)). 
  • Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario artigo 14.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes