Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno II: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 - Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.

15
Traballos tutelados A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado

15
Obradoiro A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral). 15
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 - A proba mixta constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
55
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado en acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade
  • O alumnado deberá realizar unha proba oral (15%) nunha
    data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado
    en 1ª oportunidade).
  • O 85% da cualificación corresponderase coa
    cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios
    que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en
    Xunta de Facultade en cada curso académico.

Convocatoria adiantada
  • A distribución da avaliación será a seguinte: 50% proba mixta, 25% proba oral (a concretar co profesorado) e 25% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación
de Non Presentado



  • Calquera
    que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se
    presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.










Alumnado con
recoñecemento de dispensa académica



  • O alumnado
    con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo
    establece a "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos
    estudantes de grao na UDC  (Art. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá
    entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado
    e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral
    no caso de que estivese debidamente xustificado.

  • A
    porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos
    Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do seguinte modo: Proba
    oral (15%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (55%).










Prácticas
ilícitas e fraude académica



  • Os
    traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de
    tradutores  automáticos para a elaboración de traballos tutelados,
    plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia.

  • Ao/á
    alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción
    correspondente recollida no "Regulamento disciplinar do estudantado
    da UDC" (art. 11, apartado 4. b)).



Calquera falta de honradez académica (plaxio,
copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" artigo 14.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes