Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Ademáis das actividades que se desenvolerán ao longo do curso, nos últimos días terá lugar unha proba oral pública consistente en unha ruta ou presentación dun destino turístico.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesorado.
Seminario O alumnado apliciará nestas sesións prácticas os contidos teórico-gramaticais impartidos polo profesorado.
Obradoiro Cada un dos temas tratados levará asignadas unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
O alumnado matriculado nesta materia participará nun EAG ou nun proxecto colaborativo online con outra institución universitaria. As pautas e indicacións especificaranse ao comenzo do cadrimestre.
Proba mixta Constará de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes