Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 A29 B1 B3 B4 B5 B6 C2 C4 - Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
15
Traballos tutelados A13 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
15
Obradoiro A13 A16 B3 B4 B6 C3 C6 C7 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral).

- O alumnado matriculado nesta materia participará nun EAG ou nun proxecto colaborativo online con outra institución universiatria. Isto poderá supoñer ata un 10% da calificación no obradoiro*. (Ver nota en observacións)
20
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
50
 
Observacións avaliación

*EAG ou proxecto colaborativo online


  • No caso de que non fora posibel a realización destas
    actividades, realizaranse outros traballos tutelados adicionais, quedando
    a porcentaxe do obradoiro nun 10% e a dos traballos tutelados nun 25%. A
    devandita circunstancia será comunicada nas primeiras semanas do
    cuadrimestre.


Requisitos para superar a materia en 1ª
oportunidade


  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a
    será cualificado como Non Presentado en acta.

  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo
    global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba
    mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da
    materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.


2ª Oportunidade e convocatoria adiantada


  • O alumnado deberá realizar a proba oral (15%) nunha
    data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado
    en 1ª oportunidade).

  • O 85% da cualificación corresponderase coa
    cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios
    que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en
    Xunta de Facultade en cada curso académico.


Cualificación de Non Presentado


  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria,
    todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será
    cualificado como Non Presentado.


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica


  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de
    exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o
    réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC  (Arts.
    2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas
    que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha data
    diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente
    xustificado.

  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula
    sumarase ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuídos as porcentaxes
    do seguinte modo: Proba oral (15%), Traballos Tutelados (25%), Proba Mixta
    (60%).


Prácticas ilícitas e fraude académica


  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas
    ilícitas (uso de tradutores  automáticos para a elaboración de
    traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da
    materia. 

  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica
    aplicaráselle a sanación correspondente recollida no "Regulamento
    disciplinar do estudiantado da UDC" (art. 11, apartado 4. b)). 



































Calquera
falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de
acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artigo
14.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes