Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Segundo Idioma Moderno I: Alemán/662G01047
Segundo Idioma Moderno II: Alemán/662G01048

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Queda expresamente prohibido o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa.


Recomendacións para o correcto seguimento da materia

  • O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
  • O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor.
  • O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
  • Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo por cada 3 horas presenciais.
  • Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso.
  • Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.

Espérase do alumnado:

• Activa e regular asistencia e participación na aula.

• Traballo constante e preparación previa e posterior das clases.

• Lectura da bibliografía recomendada.


Medidas de apoio á diversidade (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirada adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade.
Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


Normativa en materia de igualdade

Dacordo coa normativa en materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas necesarias para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes