Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A3 A4 A6 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A24 A25 A26 A27 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Informe final do /da titor/a da empresa/ institución: 60%
Memoria de Prácticas do /da estudiante: 30%
Informe do /da Titor /a Académico: 10%
100
 
Observacións avaliación
OS/AS ESTUDANTES DEBEN CUMRPRIR COAS SEGUINTES OBRIGAS:

Entregar en tempo e forma
todos os documentos solicitados para a tramitación das súas prácticas:
solicitude, CV, etc.

Responder as
comunicacións que reciba ao seu nome desde a titoría de prácticas, ben sexa vía
telefónica ou correo electrónico. Deben empregar sempre o enderezo de correo electrónico da UDC. 

Informar a seu /sua titor/a académico/a, de
forma inmediata, de calquera incidencia relacionada coas prácticas.

Concertar co
titor interno, polo menos un contacto (persoal, telefónico ou enderezo de correo
electrónico da UDC ) ao mes.

Entregar, a
través do Campus Virtual, un INFORME DE AVALIACIÓN MENSUAL DE PRÁCTICAS no que
informará sobre as actividades realizadas, cumprimento de funcións, incidencias
etc.

Comunicar á
Titoría de Prácticas calquera proposta de modificación das condicións de
estancia na empresa inicialmente acordadas, así como calquera incidencia
relevantes (enfermidade, faltas de asistencia…).

Entregar a
Memoria de Prácticas a través do Campus Virtual elaborada de acordo cos
criterios que se establecen, na data asignada.

Cumprir 
integramente e nas condicións acordadas o período de prácticas establecido,
principalmente no que se refire a datas e horarios.

Cumprir
estritamente a normativa da empresa en canto a comportamento, vestimenta,
uniformidade, calzado, aparencia física e uso de instalacións.

A empresa pode
anular o convenio de prácticas e prescindir da colaboración se este non cumpre
coas súas obrigacións ou a súa actitude; comportamento ou aparencia non son os
adecuados.

Os seguintes feitos terán consideración de faltas moi
graves:

Ausencia
inxustificada ou retrasos frecuentes durante o período de prácticas.

Rendemento baixo ou actitude negativa no
desempeño das funcións encomendadas, segundo o criterio do titor externo.

Creación de
problemas ou conflitos ou calquera outro feito que dea lugar á interrupción das
prácticas por parte da empresa. 

Ante calquera incidencia
destas características a materia será cualificada como SUSPENSO.


Honradez académica/implicación de plaxio

Ao/áalumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC. 


Atención á diversidade
 A materia poderá ser adaptada ao estudantado queprecise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cadacuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade deTurismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión. 

Perspectiva de xénero
 Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. No case de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes