Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Creación de Empresas Deportivas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Creación de Empresas Deportivas Código 620112414
Titulación
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 5.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Creación e Dirección de Empresas intégrase no plan de estudos da licenciatura Ciencias da Actividade Física e do Deporte con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan os mozos ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios. Aínda a situación non é tan mala ca de outros colectivos e que que a taxa de paro entre os universitarios veuse reducir nos últimos anos, estes seguen atopándose con moitas dificultades a hora de incorporarse ao mercado laboral e cando o conseguen é en condicións bastante precarias. Esta situación non é idéntica para todolos titulados xa que depende en gran medida do titulo que se posúa e da duración dos seus estudos, ou o que é o mesmo, do nivel do título alcanzado: groduado, mestrado ou doutor. Habéndose pechado notablemente unha das sídas profesionais en Educación Física, respecto do que noutras épocas sucedeu, como era o Ensino, unha das alternativas laborais dos nosos alumnos atópana na xestión do deporte. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, é necesario para quenes dexesen por en marcha a súa propia empresa ou quenes se dediquen á xestión do deporte e das empresas deportivas, o estudo da presente materia é, non só instrumento para o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén para a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, o situación actual do mercado de traballo para estes licenciados, en definitiva, a importante función social da empresa no momento presente, etc. Ante esta situación, e en consoancia co que se ven facendo dende a propia UE, dende a Universidade e outos estamentos oficiais, incorpórnse ao plan de estudos esta materia tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os futuros licenciados. En definitiva, téntase acadar que os alumnos teñan curiosidade polo eido empresarial, e que tras unha análise crítica da situación e da súa incorporación ao mercado laboral , espetar neles a súa capacidade creativa, e fomentar o espirito emprendedor. A asignatura abrangue tanto a dimensión interna da empresa como das relacións coa súa contorna externa. Malia que pola súia natureza, esta materia ten un contido técnico propio da economía empresarial, integra, con todo, múltiples aspectos relacionados coa psicoloxia, a psicoloxia social e do traballo, a tecnoloxia, as técnicas e teorías da organización e da información, o dereito mercanrtil, etc. A parte da análise técnica, imprescindible para o coñecemento do fucionamento dunhas empresas cada vez máis complexas no seu funcionamento, preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor, concedéndolle tanta relevancia ao análise puramente económico e instrumental como aos aspectos sociais. A Integración desta asignatura no plan de estudos queda plenamente xustificada porque: 1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito da Actividade Física e o Deporte, á vez que se requiere dar resposta a problemas tan ineludibles como é o paro xuvenil e o desemprego ou subemprego dos universitarios. 2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a creación e funcionamento dos Institutos Nacionais de Educación Física, así como o contido esencial da Lei de Reforma Universitaria e a súa reforma cando considera que a universidade ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes