Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividades no Medio Natural
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas.
A2 Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte entre a poboación escolar.
A4 Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante a dirección do adestramento deportivo.
A7 Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas, entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde.
A8 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de actividades físico-deportivas recreativas.
A13 Identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares, da práctica de actividades físicas inadecuadas.
A14 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar.
A15 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade na educación física.
B9 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional.
B10 Actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes