Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe relativos á actividade física e do deporte con atención ás características individuais e contextuais das persoas.
  A2 Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte entre a poboación escolar.
  A3 Planificar, desenvolver e controlar o proceso de adestramento nos seus distintos niveis.
  A4 Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, durante a dirección do adestramento deportivo.
  A5 Avaliar a condición física e prescribir exercicios físicos orientados cara a saúde.
  A6 Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte, entre a poboación adulta, maiores e discapacitados.
  A7 Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas, entre a poboación que realiza práctica física orientada á saúde.
  A8 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de actividades físico-deportivas recreativas.
  A9 Elaborar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas.
  A10 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade físico- deportiva recreativa.
  A11 Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica actividade física e do deporte, entre a poboación que realiza adestramento deportivo.
  A12 Aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, na proposta de tarefas a ensinar no contexto educativo.
  A13 Identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares, da práctica de actividades físicas inadecuadas.
  A14 Planificar, desenvolver e avaliar a realización de programas de deporte escolar.
  A15 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo, adecuado para cada tipo de actividade na educación física.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaboradora.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Habilidade na xestión da información.
  B9 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional.
  B10 Actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes