O proceso de investigación nas ciencias da actividade física e do deporte
Código
620517001
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gutierrez Sánchez, Águeda
Correo electrónico
Profesorado
Gutierrez Sánchez, Águeda
Rey Cao, Ana Isabel
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
No curso facilitarase unha comprensión básica das características do coñecemento científico como fenómeno
cultural e históricamente construido. Sentaranse as bases para a construcción de investigacións con
coherencia epistemolóxica e metodolóxica.
Plan de continxencia
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade estabelece unha
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non
totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun
xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha
modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, Moodle, Google Classroom,
Microsoft Teams ademais de Faitic (e aquelas outras que estean dispoñíbeis no momento e poidan ser empregadas de
mutuo acordo polo alumnado e as profesoras para desenvolverse na materia).
B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
- Profa. Ana Rey Cao: Sala 2129 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/912187149)
- Profa. Águeda Gutierrez Sánchez: Sala 1251(https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/538827467)
Como alternativa, cando sexa necesario, realizaranse por skype ou correo electrónico (anacao@uvigo.es; agyra@uvigo.es).
Poderase empregar a ferramenta Doodle para a xestión das titorías e seminarios.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación manterase igual. As diferentes metodoloxías/probas realizaranse polos medios telemáticos especificados
(Campus remoto, Moodle, Skype, Zoom, etc,).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías