Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Subjects
  Systematic reviews and Meta-Analysis
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Asistencia e participación na discusión sobre a solución das actividades propostas 10
Problem solving A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Avaliación das actividades propostas 90
 
Assessment comments

O apartado de Solución de problemas consiste nas seguintes actividades asociadas a cada un dos temas da materia:

  • REVISIÓN SISTEMÁTICA (45% da nota final)

Desde o comezo do curso, cada alumno ou alumna terá dispoñible na aula virtual a información e temporalización sobre as tarefas que deberá desenvolver ao longo das sesións e que obrigatoriamente entregará para a súa avaliación:

  1. CONTRIBUÍR Á ELABORACIÓN DOS APUNTES COLABORATIVOS.
  2. BUSCAR, AVALIAR E PRESENTAR NA AULA A INFORMACIÓN DUN ARTIGO RCT SOBRE UN TEMA SELECCIONADO.
  3. BUSCAR E AVALIAR UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA CO PROTOCOLO PRISMA. Entregarase un planilla con todos os items dos que consta a avaliación. Redactarase unha pequena reflexión crítica sobre a revisión e os seus resultados.
  4. PRESENTAR Os RESULTADOS DA AVALIACIÓN ANTERIOR NA AULA. 
  5. ELABORAR A PRIMEIRA PARTE DUNHA METAANÁLISE. Definir un obxectivo de estudo moi concreto e ben fundamentado. Deseñar unha estratexia de procura adecuada. Definir os criterios de selección dos artigos. Facer unha valoración da calidade e do risco de sesgo dos artigos seleccionados.
  6. PRESENTAR OS RESULTADOS DA PRIMEIRA PARTE DA METAANÁLISE NA AULA.
  • METAANÁLISE (45% da nota final)

Cos artigos localizados na parte do curso dedicada á revisión sitemática, o alumno deberá realizar un metaanálisis co programa CMA. O alumno deberá achegar un informe que conterá as seguintes partes:

  1. IDENTIFICACIÓN DOS TRABALLOS EMPREGADOS: Listaxe de artigos e identificación do/os parámetros dos mesmos a empregar no metaanálise
  2. SELECCIÓN XUSTIFICADA DO TAMAÑO DO EFECTO A ANALIZAR
  3. META-ANÁLISE. Deberá incluírse, tanto para o modelos de efectos fixos como aleatorios,  Forest plot; p-valores de traballos individuais e do efecto resumen; límites inferiores e superiores dos intervalos de confianza de efectos individuais; peso de cada traballo; estatísticos de homogeneodad (Q, I e T^2)
  4. INTERPRETACIÓN DA METANÁLISE. Conclusións  respecto a análise realizada tanto no referido ao resultado final como no concernente á homoxeneidade dos efectos. Así mesmo incluirase algunha reflexión respecto ao contraste entre o resultado obtido baixo o modelo de eefctos fixos e o modelo de efectos aleatorios.

En canto ao apartado de Sesión maxistral, obterase o 50% do mesmo cando se alcance un 70% de asistencia por parte dos alumnos con matrícula a tempo completo e do 50% da asistencia no caso do estudante con matrícula a tempo parcial. O resto do apartado virá determinado pola participación activa nas actividades propostas en clase.A materia considérase superada cando a nota final (media ponderada dos diferentes apartados)  sexa maior ou igual ao 50% da  máxima nota posible (5 sobre 10).Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas. Na segunda oportunidade de cada convocatoria, o alumno só poderá optar á avaliación de calquera dos apartados da metodoloxía "Solución de problemas"
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes