Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Investigación en Educación Física. actividade física e Deportes
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización práctica de procedementos experimentais (recollida e xestión de datos) e formación no manexo de instrumentos de investigación
Seminario Reunións e actividades de grupo de investigación para abordar os diferentes proxectos e iniciativas en marcha: seguimentos de experimentos, análises de artigos, exposición de de traballos (comunicacións en congresos, artigos en preparación etc.).
Actividades iniciais Resolución de dúbidas e seguimento de traballos
Traballos tutelados Consistirá na elaboración dunha memoria das actividades presenciais e non presenciais levadas a cabo. Das primeiras o alumno elaborará un diario pormenorizado e reflexivo das tarefas realizadas: sesións maxistrais, prácticas de laboratorio, reunións de grupo de investigación e titorías en grupo reducido. Respecto das segundas, o alumno deberá realizar unha descrición detallada do traballo non presencial requirido: procura bibliográfica levada a cabo, tratamento e xestión de datos, elaboración da memoria etc. O alumnos poderá incorporar as evidencias de cada unha das actividades que considere oportunas (documentos, diapositivas etc). A memoria conterá polo menos os seguintes apartados:

- Descrición/Diario das actividades presenciais con xustificación das horas de traballo cumprimentadas
- Descrición das actividades non presenciais desenvolvidas
- Resultados dunha revisión bibliográfica. Devandito procedemento sería encamiñado á preparación do traballo fin de máster e á elaboración do deseño de investigación que se incluirá na presente memoria. O alumno neste apartado simplemente presentará os resultados da procura: bases de datos consultadas, palabras craves empregadas, número de referencias iniciais, criterios dee inclusión/exclusión e listaxe de referencias finalmente seleccionadas
- Deseño de investigación. Debereise elaborar un proxecto de investigación no campo de estudo da materia
Presentación oral Análise do traballo tutelado, con especial énfase na exposición de deseño de investigación
Análise de fontes documentais Consistirá na análise de artigos referidos á investigación en Educación Física, actividade física e deportes . Poñerase especial énfase no estudo de traballos en lingua inglesa de publicacións incluídas en JCR. Compromete un importante traballo do alumno, quen analizará a documentación achegada polo profesor ou localizada polo propio estudante, para posteriormente proceder á súa discusión nas titoría e reunións de grupo. Así mesmo inclúense as tarefas de revisión bibliográfica requirida para a elaboración do aparatado correspondente do traballo tutelado
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia, con soporte audiovisual. A pesar das características concretas desta metodoloxía, buscarase a implicación activa do alumno, así como a significación das aprendizaxes
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes