Seminar |
Reunións e actividades de grupo de investigación para abordar os diferentes proxectos e iniciativas en marcha: seguimentos de experimentos, análises de artigos, exposición de de traballos (comunicacións en congresos, artigos en preparación etc.).
|
Supervised projects |
Consistirá na elaboración dunha memoria das actividades presenciais e non presenciais levadas a cabo. Das primeiras o alumno elaborará un diario pormenorizado e reflexivo das tarefas realizadas: sesións maxistrais, prácticas de laboratorio, reunións de grupo de investigación e titorías en grupo reducido. Respecto das segundas, o alumno deberá realizar unha descrición detallada do traballo non presencial requirido: procura bibliográfica levada a cabo, tratamento e xestión de datos, elaboración da memoria etc. O alumnos poderá incorporar as evidencias de cada unha das actividades que considere oportunas (documentos, diapositivas etc). A memoria conterá polo menos os seguintes apartados:
- Descrición/Diario das actividades presenciais con xustificación das horas de traballo cumprimentadas
- Descrición das actividades non presenciais desenvolvidas
- Resultados dunha revisión bibliográfica. Devandito procedemento sería encamiñado á preparación do traballo fin de máster e á elaboración do deseño de investigación que se incluirá na presente memoria. O alumno neste apartado simplemente presentará os resultados da procura: bases de datos consultadas, palabras craves empregadas, número de referencias iniciais, criterios dee inclusión/exclusión e listaxe de referencias finalmente seleccionadas
- Deseño de investigación. Debereise elaborar un proxecto de investigación no campo de estudo da materia
|
Document analysis |
Consistirá na análise de artigos referidos á investigación en Educación Física, actividade física e deportes . Poñerase especial énfase no estudo de traballos en lingua inglesa de publicacións incluídas en JCR. Compromete un importante traballo do alumno, quen analizará a documentación achegada polo profesor ou localizada polo propio estudante, para posteriormente proceder á súa discusión nas titoría e reunións de grupo. Así mesmo inclúense as tarefas de revisión bibliográfica requirida para a elaboración do aparatado correspondente do traballo tutelado
|