Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Study programme competences / results


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 Ser capaz de diferenciar e seleccionar os paradigmas, marco epistemolóxico e metodoloxía científica de referencia no deseño dos estudos no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR2 Desenvolver a capacidade de pensamento científico para a investigación no ámbito da actividade física, saúde e deporte
  AR3 Ser capaz de analizar e comprender as diversas teorías e estado da cuestión no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR4 Mostrar as actitudes vinculadas cos hábitos de excelencia, compromiso ético e calidade no exercicio investigador no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR5 Coñecer e dominar os procedementos e ferramentas de busca de información, tanto en fontes primarias como secundarias nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  AR6 Ser capaz de analizar, organizar, seleccionar, clasificar e compilar a información recollida no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR7 Valorar, manexar e combinar as diferentes técnicas de investigación nas Ciencias da Actividade Física, o deporte e a saúde.
  AR8 Analizar de maneira crítica as opcións metodolóxicas que se presentan no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR9 Ser capaz de deseñar e implementar un traballo de investigación nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  AR10 Manexar paquetes informáticos para a introdución e análise dos datos recollidos no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR11 Ser capaz de seleccionar de forma correcta os modelos de análise de datos apropiados para os deseños de investigación máis utilizados no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte
  AR12 Coñecer e utilizar de forma efectiva os procedementos necesarios para realizar a depuración inicial e a análise descritivo dos datos
  AR13 Executar as técnicas de análise estatístico máis utilizadas na investigación no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
  AR14 Planificar, redactar e expoñer verbalmente un traballo de investigación na área das Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
  AR15 Redactar de forma precisa e con un uso apropiado da linguaxe científica unha memorias de investigación nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  AR16 Ser capaz de incorporar novas tecnoloxías e integrar coñecementos doutros ámbitos profesionais e científicos.
  AR17 Ser capaz de participar en proxectos de investigación no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
  AR18 Desenvolver de maneira eficaz tarefas propias do deseño, implementación, análise e publicación de traballos relacionados co estudo do exercicio e a condición física nos ámbitos do rendemento e a saúde.
  AR19 Desenvolver de maneira eficaz tarefas propias do deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no ámbito da aprendizaxe e do control motor
  AR20 Desenvolver de maneira eficaz tarefas propias do deseño, implementación, análise e publicación de estudoos realizados no ámbito da investigación en Educación Física, actividade física e deportes
  AR21 Desenvolver de maneira eficaz tarefas propias do deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no ámbito da análise do rendemento nos deportes
  AR22 Desenvolver de maneira eficaz tarefas propias do deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no ámbito das actividades acuáticas e do socorrismo
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BR2 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e ser capaz de resolver problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BR3 Integrar coñecementos e afrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BR4 Ser capaz de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BR5 Desenvolver habilidades para a aprendizaxe autodirixido ou autónomo.
  BR6 Coñecer e comprender o campo de estudo da actividade física, saúde e deporte, adquirindo un suficiente de habilidades e métodos de investigación en dicha área.
  BR7 Ser capaz de idear, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso de investigación con rigor académico no ámbito de estudo da actividade física, saúde e deporte.
  BR8 Ser capaz de desenvolver unha investigación orixinal no ámbito de estudo da actividade física, a saúde e o deporte, cunha claridade suficiente para ser susceptible de publicación a nivel nacional e internacional.
  BR9 Analizar de forma crítica, avaliar e sintetizar ideas novas e complexas no ámbito de estudo da actividade física, da saúde e o deporte.
TypeC Code  
  Research guided
  CR1 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para a resolución de problemas.
  CR2 Comunicar eficazmente nos ámbitos académicos e divulgativos ideas e conceptos vinculados cos estudos da actividade física, a saúde e o deporte
  CR3 Ser capaz de promover en contextos académicos e profesionais accións destinadas ó avance tecnolóxico, social ou cultural, no el ámbito das ciencias da actividade física, a saúde e o deporte.
  CR4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes