Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Teaching Physical Activity and Sport
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A7 A8 A9 B4 B7 C1 C3 C7 As actividades evaluables, na sua maior parte son fruto dunha aprendizaxe colaborativo entre o alumnado. 50
Long answer / essay questions A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 - Realizaranse dúas probas, para a avaliación continua. E de non superar algunha pódese ir a unha proba final.

- Realizarase só unha proba final aqueles/as estudantes que non optan á avaliación continua.
50
 
Assessment comments

*** O alumnado que cursase a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas nesta guía.

** O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades. Se o estudante ten posibilidade de manter unha asistencia periódica dun mínimo do 50% poderá acollerse á avaliación continua entregando sempre en prazo as actividades evaluativas, realizando a UD e elaborando o portafolio. 

* Os/as que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa de carácter continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

 

1.      AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais; a elaboración do portafolio; a entrega de todas as actividades evaluativas e non evaluativas (en tempo e forma), a procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos e a elaboración individual da unidade didáctica. Obtendo entre este tres últimas, polo menos 2,5 puntos e a superación das probas de ensaio programadas.

 

a.   Portafolio

*  Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación formativa (continua). 

*  A realización do portafolio terá un seguimento por parte do profesorado ao finalizar cada mes, solicitarase aleatoriamente presentar os portafolios a un grupo de alumnos/as.

*  Previo á realización da primeira proba de ensaio e da final, cada estudante presentará as rúbricas/listas de control de auto e coevaluación (de cada tema). A non entrega destes documentos significará a perdida da avaliación formativa (continua). Tras a proba final cada estudante entregará o seu portafolio.

 

b.   Actividades evaluativas. (Valor total 3 puntos)

**   Realizadas no horario de clase programado (poderá utilizarse a clase da tutoría grupal) ou en horarios non presenciais. 

**   Poderán ser corrixidas no horario da tutoría grupal, polo que a asistencia a estas tutorías será obrigatoria e formará parte do requisito de asistencia ao 70% das sesións. 

** Se realizarán 1 ou 2 actividades en cada tema cun valor total de 3 puntos: 2 actividades nos temas 1, 2 , 3 e 5 (cada unha cun valor de 0,3) e 1 no tema 4 (cun valor de 0,6)

**  A non entrega de TODAS as actividades evaluativas ou non alcanzar a metade da puntuación no sumatorio das actividades na primeira oportunidade implicará a perdida da avaliación continua. 

**  Se algún/a estudante non pode asistir a clase no momento da elaboración ou a entrega, deberá enviala ou entregala con anterioridade

 c.   Procura e análise dunha experiencia de intervención/investigación baseada no fomento de estilos de vida activos 

(Valor 1 punto)

Pasos:

·         Procura de artigo nunha base de datos

·         Subir título proposta e ligazón (non se pode repetir)

·         Análise reflexiva da proposta seguindo guión establecido

 

d.     Proposta dunha unidade didáctica. Realizarase na aula de forma individual ao finalizar o tema 4.  (valor 1 punto)

A non realización implicará a perdida da avaliación continua, senón non se supera o 0,5,  hai que repetila, en data e hora que establecerán os docentes.

 

e.       Probas de ensaio (valor total 5 puntos)

 Realizaranse dúas probas:

·         A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3 e terá un valor de 3 puntos.

·         A segunda co 4 e 5, cun valor de 2 puntos.

Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada.

**** As preguntas da proba son de desenvolvemento, de aplicación do contido e especialmente de relación. En ningún caso son preguntas  de resposta memorística.

****As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización.

***Aquelas/vos que non alcancen a nota mínima nestas dúas probas, deberán presentarse ao exame final (convocatoria oficial de exames). Para as oportunidades de xaneiro/xullo, se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5 e se supera a segunda, á primeira cos temas 1, 2 e 3.

*** Consideracións de para o mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

 ·   Ao que supere os apartados b, c e d, pero que suspenda a proba de ensaio final, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

·     Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación da superada para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.

 2.      AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia.

Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos), tendo en conta que o alumnado de avaliación continua mostrou un compromiso continuo coa materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes