Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Anatomy and Kinetics of Human Movement
   Personalized attention
Methodologies
Objective test
Student portfolio
Multiple-choice questions
Description
A atención personalizada concrétase en diferentes situacións:
- Correo electrónico (de luns a venres): atención personalizada ás consultas dos/as alumnos/as que se fagan a través do correo electrónico. No caso de alumnado con matrícula parcial, poderán consultar todas as súas dúbidas por correo electrónico.
- Microsoft Teams (de luns a venres). O alumnado poderá concertar unha cita previa por correo electrónico para manter unha reunión personalizada en Teams nas horas de titorías, nas que se resolverán as dúbidas e se darán consellos para a aprendizaxe idónea da materia.
- Interacción persoal co alumnado nas clases maxistrais e nas prácticas de laboratorio nas que o profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir e comprobará a aprendizaxe do alumnado ao longo do curso.
- Portafolio do/da alumno/a, que se irá corrixindo de forma personalizada nas clases de docencia interactiva.
- Revisión da proba obxectiva, na que se explicarán os erros nas cuestións plantexadas e se aclararán dúbidas sobre ditos conceptos.





Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes