Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar os distintos ámbitos das actividades acuáticas, as súas relacións e paralelismos coa vida do home; comprendendo as diferenzas entre as distintas prácticas que engloba cada ámbito e valorando, especialmente, as posibilidades de desenvolvemento dunha educación física de base no medio acuático. A5
A25
A26
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, especialmente a edade infantil, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. A5
A6
Recoñecer as posibles dificultades dun alumno durante a fase de adaptación ao medio acuático, sobre a base das diferenzas psicomotrices con respecto ao medio terrestre; entender a actitude necesaria e dispoñer das estratexias de intervención para facilitar o devandito proceso. A8
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns desde a perspectiva dos deportes. A5
A25
A26
Adquirir un coñecemento básico dos fenómenos físicos que interveñen sobre o home durante o desenvolvemento de calquera actividade acuática para unha mellor comprensión destas. A33
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino ?" aprendizaxe, relativos a ás modalidades natatorias, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). B1
Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero. B2
Comprender a evolución dos obxectivos xerais a establecer no proceso de adquisición das habilidades acuáticas e seleccionar posibles contidos motoras para logralos. B4
Coñecer os procedementos metodolóxicos fundamentais para o ensino das habilidades acuáticas, discriminando os elementos que dificultan a consecución dun determinado obxectivo e establecendo os medios para alcanzalo. B5
Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde. B8
Vivenciar numerosas variantes de traballo das distintas habilidades acuáticas, experimentar a evolución da dificultade de execución sobre a base dos elementos que as integran e practicar ata lograr o grao de competencia motora contemplado no apartado avaliación da práctica da actividade física que garanta a plena autonomía no medio acuático e a capacidade para iniciar a adquisición de habilidades específicas deportivas. B9
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe no ámbito natatorio B1
Definir e distinguir os elementos integrantes das variables de traballo, en función da habilidade acuática, permitindo, dun modo xustificado, xerar tarefas nas distintas fases da evolución dun suxeito en relación co medio acuático para a consecución dun obxectivo concreto dun determinado nivel de ensino. A26
A33
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito da Natación B2
Analizar os métodos para o ensino das habilidades acuáticas e as súas posibilidades de aplicación atendendo ás distintas variables que poden incidir nun programa de ensino acuático. A26
A33
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. B4
Aplicar as técnicas de ensino e reflexionar sobre a conveniencia de adaptar a información á idade do alumno e sobre como e cando dar o coñecemento dos resultados nunha actividade acuática. A8
A33
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán B5
Avaliar os estilos de ensino con maior posibilidade de aplicación no ensino das habilidades acuáticas e xustificar o seu emprego en actividades concretas. A5
A8
A26
Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. B8
Coñecer as funcións e responsabilidades dos distintos membros que integran unha Escola de Actividades Acuáticas, entender cales son as de maior importancia e analizar as posibles consecuencias da súa renuncia. A5
A6
A8
Comprender a literatura científica do ámbito da natación en lingua inglesa e en outras linguas de presenza significativa no ámbito científico. B9
Familiarizarse cos elementos necesarios para a organización e desenvolvemento dun programa completo nunha escola de actividades acuáticas que contemple a existencia de diferentes niveis A5
A6
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. B10
Elaborar sesións de posible aplicación nunha escola de actividades acuáticas atendendo a criterios establecidos de organización e intervención e discutir sobre o seu deseño e posta en práctica. A5
A6
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. B11
Analizar, criticar e discutir a intervención propia e allea no proceso de ensino e formular alternativas ante problemas suscitados. A8
A25
Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles. B12
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. B14
Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso. B19
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes