Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Voleibol e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Voleibol e a súa didáctica Código 620G01008
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Arias Rodríguez, Pablo
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
Gambau i Pinasa, Vicente
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Tuimil Lopez, Jose Luis
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
vicente.gambau@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
jose.luis.tuimil@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Coñecemento das habilidades deportivas sociomotrices do voleibol como compoñentes procedimentais na educación física e iniciación deportiva e nas didácticas derivadas da súa especialidade. Coñecemento do elementos técnico-tácticos que o estructuran como deporte.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non serán modificados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As seguintes actividades manteranse, segundo a descrición na guía docente, se ben serán levadas a cabo a través das ferramentas telemáticas posta ao noso dispor pola UDC: • Actividades iniciais • Portafolios das/dos estudantes (computa na avaliación) • Recensión bibliográfica (computa na avaliación) • Traballos tutelados (computa na avaliación) • Sesión maxistral • Aprendizaxe colaborativa *Metodoloxías docentes que se modifican • Elimínase a práctica de actividade física, sen ser substituída. • Modifícase a proba mixta: dende a suspensión da docencia presencial non se continuará a facer a proba de dominio técnico-táctico básico, pero computarase o feito ata o momento da suspensión, se houbo un mínimo de 4 sesións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. • Teams: 2 sesións semanais por grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesións a demanda do alumnado (en pequeno grupo), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. Sesións individuais para titorías individuais. 4. Modificacións na avaliación • A proba mixta (preguntas e deseño de sesión) computará o 30% da nota final do estudante, e será lavada a cabo mediante Moodle, habilitándose un só intento por estudante a ser levado a cabo o día do exame, segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade. • O traballo tutelado computará o 30% da nota final do estudante • O portafolios computará o 40% da nota final do estudante. Tanto no suposto de que unha/un estudante acadase Apto na derradeira proba de dominio técnico-táctico do curso (de terse levado a cabo alo menos unha - ver apartado de proba Mixta en Metodoloxías) ou no caso de non terse realizado ningunha, considerarase aprobada a materia con acadar 5 puntos sobre 10 na suma das actividades de avaliación de Traballo tutelado, exame, e portafolios. *Observacións de avaliación: Se unha/un estudante non supera a materia por non ter acadado o aprobado (da primeira oportunidade), poderá na segunda oportunidade presentar cantas metodoloxías non tiveran acadado o 50% da súa puntuación máxima, da primeira oportunidade. Se unha/un estudante non acada o apto na proba de dominio técnico-táctico na primeira oportunidade, terá que facela na segunda oportunidade (as súas características adaptaranse á situacións de posible confinamento). Se unha/un estudante non supera a materia, nin na primeira nin na segunda oportunidade, ningunha das metodoloxías superadas serán gardadas para o vindeiro ano académico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Nin a bibliografía nin a webgrafía serán modificados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes