Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fútbol e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fútbol e a súa didáctica Código 620G01010
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Vales Vazquez, Ángel
Correo electrónico
angel.vales@udc.es
Profesorado
Vales Vazquez, Ángel
Correo electrónico
angel.vales@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumno adquira un coñecemento das habilidades específicas compostas e complexas do Fútbol como conductas psico e sociomotoras, e os seus contidos como recursos didácticos en educación física e iniciación. Fundamentos técnico e tácticos. Os obxectivos xerais plantexados son: Coñecemento das habilidades específicas do fútbol como conductas motrices. Preparación do futuro licenciado en CC. da A.F. e do D. para desenroo das funcións e roles como educador a través da utilización do fútbol na iniciación deportiva. Contextualizar o fútbol no ámbito das Ciencias da Actividade Física e nos campos educativo e científico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En relación aos contidos da materia adóptanse dúas liñas estratéxicas básicas: - Suspensión de actividades prácticas de adquisición de competencia motriz. - Mantemento do conxunto de contidos teóricos e resto de actividades programadas, recollidas na Guía Docente vixente. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Exponse un cambio profundo do conxunto de metodoloxías docentes programadas na Guía Docente, como produto da imposibilidade de desenvolver contidos nunha contorna presencial, especialmente en relación ás sesións de natureza práctica no campo de fútbol. Metodoloxías docentes que se modifican Como procedementos/estratexias metodolóxicas alternativas exponse a instauración dun sistema de comunicación cos estudantes que se materializará dúas veces por semana, a través da plataforma Microsoft TEAMS, MOODLE e/ou EMAIL para o desenvolvemento da actividade teórica programada nos horarios previstos ao comezo do curso. De forma complementaria tamén se habilita un notable incremento do número de titorías individuais durante todo o período de confinamento (dispoñibilidade horaria 24 h., a discreción do alumnado). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado TEAMS, EMAIL e MOODLE / 7 d. / 24 H. 4. Modificacines na avaliación Avaliación continua 70% (recesión bibliográfica), consistente na elaboración dun traballo en pequenos grupos que recolla a actividade teórico-práctica desenvolvida ao longo do cuadrimestre. Avaliación finalista 30% (proba de ensaio), consistente nun exame teórico online a través de Microsoft Forms. Observacións de avaliación: Adóptase un sistema de avaliación mixto, composto dun proceso de avaliación continua e unha proba teórica final. I. Avaliación continua 70% (recesión bibliográfica): Desenvolverase a través dun traballo en grupo que comprende a temática abordada e exposta ao longo do curso. Proponse un formato de elaboración grupal (traballo en equipos de 4 alumnos/as), co fin de compensar/atenuar posibles barreiras de conectividade online por parte dalgúns estudantes (illamento tecnolóxico), así como para estimular as capacidades relacionadas co traballo en equipo e intelixencia colectiva. II. Exame final online 30% (proba de ensaio): Desenvolverase de forma individual a través dos recursos telemáticos postos ao dispor do PDI por parte da UDC (Microsoft Forms). Constará de tres preguntas de resposta longa ou de desenvolvemento, relativas ao contido teórico desenvolvido nas clases presenciais e online. O sistema de avaliación proposto terá validez tanto para a primeira como para a segunda convocatoria, conservándose, na segunda convocatoria a nota da parte de avaliación aprobada (traballo ou exame) na primeira. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen cambios significativos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes