Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Aprendizaxe e control motor
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B5 B7 C7 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
Proba mixta A14 A27 B1 B2 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 Proba realizada ao finalizar a materia, na data prevista de exame. 40
Prácticas a través de TIC A22 B7 B9 B13 C3 Durante o curso presentarase a través de TICs (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis relacionados tanto coas prácticas como cos contidos teóricos, co fin de motivar a asistencia, o estudo continuo e a resolución de dúbidas.
Será obrigatorio a inclusión, na plataforma/aplicación dixital establecida, dos datos obtidos nas prácticas; iso permitirá realizar a análise dos mesmos, xerar novas formulacións e responder a preguntas relacionadas.
45
Proba clínica B2 B3 B5 B7 B13 C8 Establécese o criterio de equivalencia de 0.1 puntos da cualificación final por cada hora de actividade nesta metodoloxía ata un máximo de 0.75 puntos.
No caso de que non se participe nesta metodoloxía a porcentaxe correspondente incorporarase á porcentaxe da proba mixta; do mesmo xeito que se a puntuación final obtida neste apartado é inferior á cualificación da proba mixta.
7.5
 
Observacións avaliación
  • Respecto á realización da proba mixta:  
    • O resultado da proba mixta será igual ou superior a 5.00 para realizar a media ponderada cos restantes elementos da avaliación.
    • Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente. 
  • A media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación será igual ou superior a 5.00 para aprobar a materia.
  • Tanto a proba mixta como a probas prácticas a través de TICs darase ao alumnado no idioma no que se imparte a materia (castelán).
    • Quen desexe a proba mixta noutro idioma oficial da UDC deberá solicitalo ao profesor como mínimo cun mes de antelación.  
  • Respecto ás convocatorias de exame:
    - cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo); cando nunha mesma convocatoria téñase unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".  
  • Pódese optar por realizar só a metodoloxía "proba clínica" ou só a metodoloxía "eventos científicos e/ou divulgativos" nese caso pódese chegar a obter ata 1.5 puntos en calquera dos apartados. 
  • Mantemento de notas na segunda oportunidade da convocatoria: manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria se o alumnado así o desexa.
  • Mantemento de notas en convocatorias posteriores: 
    • manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación logrados en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia; 
    • os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos. 
  • Consideración no caso de matrícula parcial: a avaliación realizarase do mesmo xeito que para o resto do alumnado con matrícula completa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes