Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Physiology of Exercise I
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 Ver a continuación. 100
 
Assessment comments
IDIOMA. Todas as probas de avaliación desenvolveranse en CASTELÁN. Con todo, se algún estudante desexase realizar o exame final en galego, deberá solicitalo con 30 días de antelación á data da súa celebración. Por dificultades técnicas, este exame constará de preguntas seleccionadas polo profesor e non terán o carácter aleatorio da versión en castelán.

Avaliación inicial

Proponse unha avaliación inicial, que non se terá en conta para a cualificación final. Constará de probas NON PRESENCIAIS desenvolvidas a través da plataforma de tele-ensino da UDC (Moodle). Servirá para que cada alumno ou alumna identifique o grao de coñecemento previo sobre os contidos necesarios para un progreso adecuado na materia. A través da plataforma ou por medio de titorías, o profesor proporcionará orientación e consellos para axudar a superar as deficiencias detectadas.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño)

SÓ SE CONTEMPLA UNHA AVALIACIÓN CONTINUA que incluirá actividades de avaliación formativa (ao longo do cuadrimestre) e unha actividade final (proba global) na data da primeira oportunidade (xuño). A avaliación formativa supoñerá  o 80% da cualificación final e a proba global o 20% restante. Para aprobar a materia será necesario obter unha cualificación final igual ou superior ao 50% da máxima posible.

Avaliación formativa (80%)

Na avaliación formativa contémplanse dúas modalidades complementarias: presencial e non presencial. A primeira supoñerá o 60% da cualificación final e, a segunda, o 20%. Os resultados obtidos na avaliación formativa presencial non condicionarán a posibilidade de manter a avaliación continua; en cambio, para manter a avaliación continua e acceder á proba global da primeira oportunidade (xaneiro ou xuño, segundo o cuadrimestre), será necesario que a puntuación media ponderada de todos os módulos na avaliación formativa non presencial alcance ou supere o 70% e a de ningún módulo sexa inferior ao 50%.

A avaliación FORMATIVA PRESENCIAL consistirá na realización de probas obxectivas na aula, ben durante as sesións maxistrais ou ben durante as prácticas de laboratorio. En todas ou algunhas das sesións ou clases prácticas, sen aviso previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 13 e 32 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos e competencias tratados nesa mesma sesión ou nas precedentes. O único requisito esixido para a realización destas probas é a presenza física na aula no momento da súa celebración. En caso de ausencia e salvo por causas debidamente xustificadas, de acordo coa normativa da UDC, non se concederán máis oportunidades. O 60% da puntuación media de todas as probas sumarase á cualificación final (máximo de 6 puntos). Para o cálculo da media dividirase a suma de todas as puntuacións obtidas entre o número de probas celebradas (incluíndo, por tanto, aquelas ás que o alumnado non se presentou).

Para participar na avaliación FORMATIVA NON PRESENCIAL será necesario responder de forma ordenada e secuencial á proba obxectiva de todos e cada un dos temas a través da plataforma de tele-formación. Cada alumno dispoñerá de 3 intentos en cada tema que poderá responder de forma NON PRESENCIAL en 3 días diferentes (terán que transcorrer polo menos 24 horas entre un intento e o seguinte).

Antes de acceder á proba do primeiro tema, o alumnado deberá contestar ás probas que se contemplan nas actividades iniciais. A continuación comezará polo tema 1 e só poderá acceder ao seguinte, en orde sucesiva, sempre que polo menos nun dos intentos alcance unha puntuación igual ou superior ao 30% (3 puntos sobre 10).  Se non superase o 30%, perdería o dereito á avaliación formativa e para superar a materia o alumno ou alumna só podería optar ao exame final da segunda oportunidade (xullo). Para que este proceso teña un carácter verdadeiramente formativo, establecerase un calendario o suficientemente flexible para cada cuadrimestre, cunhas datas límite nas que deberá completarse as probas de cada módulo.

Para superar a avaliación formativa non presencial, a media ponderada de todos os módulos terá que ser igual ou superior ao 70% e a de ningún módulo poderá ser inferior ao 50%. En caso contrario, perderase o dereito á avaliación continua e non se poderá optar ao aprobado na primeira oportunidade (xuño); neste caso só se poderá superar a materia no exame final da segunda oportunidade.

Para calcular a media ponderada, o peso dos módulos será: M1 = 5,26 %; M2 = 15,79 %; M3 = 26,31 %; M4 = 36,84 %; M5 = 15,79 %.

A cualificación de cada módulo obterase utilizando a media simple das puntuacións máis altas obtidas en cada un dos seus temas.

A avaliación formativa non presencial sumará o 20% da cualificación final (máximo 2 puntos sobre 10).

Cada proba obxectiva (presencial ou non presencial) consistirá nun cuestionario online de entre 5 e 15 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso, de relacionar, de ordenar ou de completar. De forma xeral, o tempo de realización será de 1 minuto por pregunta, aínda que, nalgunhas delas, que requiran cálculos, permitirase un tempo maior.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

Actividade de avaliación final (proba global) (20%)

Esta actividade ten carácter PRESENCIAL. 

SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na plataforma Moodle.

Só poderán realizar a proba global (convocatoria da primeira oportunidade, en xuño) quen superase a avaliación formativa non presencial. 

Para que esta proba se téña en conta no cálculo da cualificación final, a media ponderada de todos os módulos terá que ser igual ou superior ao 50% e a de ningún módulo poderá ser inferior ao 40%. En caso contrario, non se superará a avaliación continua e para poder aprobar a materia habería que acudir á segunda oportunidade. Utilizaranse os mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non presencial.

A proba consistirá nun cuestionario de 95 preguntas que poderán ser de diferentes tipos: test de opción múltiple, verdadeiro-falso, de relacionar, de ordenar ou de completar. O tempo de realización será de 1 minuto por pregunta, excepto naquelas preguntas que requiran máis tempo pola necesidade de facer cálculos. Repartiranse da seguinte forma: 5 para o módulo 1; 15 para o módulo 2; 25 para o módulo 3; 35 para o módulo 4; 15 para o módulo 5.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

Cualificación final

A cualificación final obterase sumando o 60% da puntuación obtida na avaliación formativa presencial, o 20% da puntuación obtida na avaliación formativa non presencial e o 20% da proba global, sempre que se cumpran os requisitos mínimos esixidos para cada unha delas.

Alumnado con matrícula a tempo parcial

Para asegurar a posibilidade de avaliación continua en alumnado con matrícula a tempo parcial, sempre que teñan a dispensa preceptiva para non asistir ás actividades presenciais, permitirase de maneira excepcional, e previa concertación co profesor, a realización das probas da avaliación formativa presencial en momentos diferentes ao resto dos seus compañeiros e nun horario razoable.

Para as demais actividades non se contemplan alternativas específicas porque a única actividade presencial obrigatoria é o exame final e nas restantes dispoñen de suficiente flexibilidade de datas e horarios para que cada persoa poida organizarse segundo mellor conveña ás súas circunstancias.

Alumnado con diversidade funcional

Considerando que a diversidade funcional pode ser moi variada, non se propón unha solución concreta, pero si se contempla a posibilidade de establecer as adaptacións necesarias para atender de forma persoal e específica a cada un dos casos que se poidan presentar para garantir a igualdade de oportunidades. Nestes casos, o alumno ou alumna solicitaría un titoría co profesor para que este poida prestarlle a atención personalizada que requira e ofrecer as solucións máis adecuadas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo)

Esta actividade ten carácter PRESENCIAL.

SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na plataforma Moodle. 

Para os alumnos que aprobando a avaliación formativa durante o mesmo curso suspenderan a proba global na primeira oportunidade, contémplase a realización doutra proba global na que se respectarán as mesmas condicións que na primeira ocasión, aínda que na oportunidade de xullo só terían que examinarse dos módulos nos que non alcanzaran un 40% na primeira oportunidade.

Para os alumnos que  non aprobaran ou non realizaran a avaliación formativa, só se contempla un EXAME FINAL (exame único) que supoñerá o 100% da cualificación final e para superala deberán obter unha puntuación de polo menos un 50% en todos e cada un dos módulos. A cualificación final calcularase cos mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non presencial.

Ambas as probas consistirán nun cuestionario de 95 preguntas coas mesmas características que na  primeira oportunidade.

Cada pregunta tipo test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá *1/nº de opcións falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá + 1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto valerá + 0,25 puntos. No caso das preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e cada erro - 1 punto.

OPORTUNIDADES POSTERIORES (cursos seguintes)

Para os cursos posteriores conservarase a cualificación obtida na avaliación formativa, sempre que esta fora aprobada, por tanto, as persoas que reunisen dita condición só terían que presentarse á proba global, nas mesmas condicións que os alumnos do ano académico en curso.

EN NINGÚN caso se conservarán módulos que se aprobaron de forma illada, tanto na avaliación formativa como nas avaliacións final ou global.

COLABORACIÓN OPTATIVA CON GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo 1 punto)

Na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolven o seu labor investigador e docente varios grupos de investigación cuxas áreas de traballo están vinculadas co control motor e as respostas e adaptacións ao exercicio: Motor Control Group, Performance and Health Group e INCIDE (Investigación en Ciencias do Deporte).

Unha vez superada a materia, pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á cualificación final, colaborando activamente nas tarefas de investigación dalgún de ambos os grupos e/ou participando nos seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en conta para alcanzar o aprobado. 

Participar nas devanditas actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os coñecementos e competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos e no dominio técnico de moitos dos seus contidos. 

Finalizada a colaboración, o Director do grupo que corresponda outorgará a cada alumno unha cualificación entre 0 e 1 punto que se trasladará á cualificación final.

CUALIFICACIÓNS FINAIS

As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4,9=Suspenso; 5-6,9=Aprobado; 7-8,9=Notable; 9-10=Sobresaliente; a partir de 9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do número máximo permitido) ás mellores cualificacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes