Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de deslizamento e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de contextualizar/presentar a materia.

Con esta actividade, ademais, preténdese coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao programa formativo.

Tamén se pretende transmitir información relevante que permita ao estudante coñecer a organización da materia/clases, material deportivo, instalacións, etc.
Sesión maxistral Nas actividades que utilizan a metodoloxía de sesión maxistral, traballaranse os contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, acompañada co uso de presentacións, de medios audiovisuais, e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa para, posteriormente, profundar nos aspectos máis relevantes dos mesmos e indicar, á vez, que aspectos debe ampliar o estudante co seu traballo persoal e a través dos traballos tutelados, sempre coas oportunas indicacións do profesor e as respectivas orientacións bibliográficas.
Práctica de actividade física Coas actividades de prácticas de actividade física preténdese que o alumnado aprenda a través de realización de actividades de carácter práctico tales como demostracións, exercicios, propostas, coreografías, prácticas deportivas, etc.

En concreto, nesta materia, con elas preténdese que o estudante practique/aprenda a execución básica dos distintos fundamentos técnico-tácticos que conforman as actividades e deportes patíns.
Traballos tutelados Ao redor dos diferentes temas, tanto teóricos como prácticos, propoñerase a realización de traballos en grupo, que se iniciarán na aula e, logo, deberán ser completados mediante o traballo autónomo do estudante, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes alumnos-as/grupos. Para a elaboración destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais teórico-prácticos básicos da materia, así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición (aula ou instalación deportiva), cada grupo compartirá os traballos cos demais grupos.
Proba obxectiva A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter evaluativo, a traves da cal o alumnado deberá dar resposta a unha serie de preguntas, de resposta máis ou menos curta, sobre cuestións relacionadas cos temas teóricos e prácticos da materia, e tamén sobre contidos relacionados coas dinámicas de traballo levadas a cabo ao longo do desenvolvemento da materia.
Saídas de campo Con este tipo de actividades, desenvolveranse prácticas nun contexto/espazo diferente ao que habitualmente se desenvolve a materia. Será actividades centradas en espazos, instalacións, etc., externas ao ámbito académico, e que propician e fomentan o desenvolvemento de capacidades relacionadas coas habilidaes de deslizamiento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes